terça-feira, 28 de junho de 2022

Ernesto Rodrigues, Bertrand Gauguet e Ricardo Guerreiro no Liceo Mutante!

 


Ernesto Rodrigues (violín/viola) é un dos grandes nomes da improvisación electroacústica. A súa práctica privilexia o imprevisible a partir do encontro creativo con outros músicos nos máis diversos contextos. Ao longo dos deus 30 anos de carreira traballou con infnidade de músicos procedentesde todos os ámbitos, por exemplo: Rhodri Davies, Eugene Chadbourne, Mazen Kerbaj ou Arrington de Dionyso .

A relación cos seus instrumentas focalízase nos elementos sónicos e as texturas así como no emprego de técnicas extendidas. A música electrónica foi unha influencia temperá no seu achegamento ao violín, que cuestiona os conceptos románticos e tradicionais a través do uso de preparacións (no sentido de Cage) e microafinacións. Fundou e dirixe a Variable Geometry Orchestra dende o ano 2000. O seu extenso traballo está sobre todo documentado en Creative Sources, editora que inicou en 2001 e que é hoxe unha das máis relevantes do panorama internacional. (Liceo Mutante)